Cando un preme a botón de estourido non ten natural conciencia de ate onde a deflagacion pode chegar , algo semellante a iso foi o que debeu acontecer cando os responsábeis da discográfica “chorima” desestimaron a portada que skornablois portaban baixo o brazo cando nos estudio areamaster de vigo se iniciaba a mítica gravacion do disco homónimo da banda de Lourenzá. Coa bacina da epidural durante case un mes conectada , o grupo ás ordes de Segundo Grandío deu parido un disco que os responsábeis da discográfica enmarcaron cunha portada e cun deseño que apresentaba un espectacular civer-esconabois robotizado dono e señor dun mundo e civilización futura dominada polas máquinas.
Dende que o disco se ceibou polo mundo diferentes sensacions tiveron acougo en cadanseu e súa escoitante mais o que istes días nos asulaga é o carácter premonitorio da imaxe da portada feita despois de que os deseñadores escoitaren a gravación do disco aínda sen masterizar. Fai unhas semanas coñecíamos a nova de que desenroladores galegos crearon a figura do escornabot , un robot para nenos co que introducir a xestion robótica nos colexios , aulas e nas propias casas xa que escornabot é un civer-becho que as propias crianças poden programar.
Agardamos ansiosos exercitos de esconabots
programados polos nosos cativos
preparados para atacar e liberarnos do xugo opresor dun governo que os
maiores non soubemos desprogramar nas
furnas . Será pois a música dos skornabois a banda sonora do maravilloso ciber-futuro-ceive
que nos agarda? Porque cada segundo que
pasa estamos máis preto por fin dun ciborg- presidente da xunta escornabot
…rapazada , non nos falledes , o futuro está nas vosas mans!!