Sonntag, Juli 24, 2016

TRABUCOUSE SANTIAGO JAUREGUIZAR....E TRABUCOUSE TAMÉN YOSI DOS SUAVES !!














Fai tan só uns poucos meses o escritor ribadense Santiago Jaureguizar titulaba " o derradeiro salto de trigre do rock galego "  a contracapa do suplemento literario @taboaredonda que el mesmo coordina e que os xornais diario de pontevedra e el progreso editan .A dinámica dun escritor e de calquera individuo supostamente caval suxería que o chimpo realizado por Yosi ,o veterano cantante dos Suaves , na sala la vaca de Ponferrada con aterraxe nun hostipal da cidade leonesa seria o derradeiro da xeira diste indomábel  front man, mais cando a banda xa ten anunciado o seu final de ciclo para ise decembro cun gran concerto na súa vila natal , ó carón das burbullas das Burgas e das fregas do seu gran fan-supremo BaltarJr. Pero a música e os seus devotos máis radicais , entre os que Yosi se atopa , non entenden das coordenadas simplistas polas que o mundo se rixe e se reviran de cote contra o escrito e o establicido socialmente , porque só un valente podería atreverse a chimpar de novo dun esceario desafiando as leis da gravidade no seu gran concerto do venres en Santander cando o sábado agardaba unha marabunta de gat@s negr@s  na Laboral de Xixón na edicion 2016 do DerrameRock e o domingo na cidade da cultura de Compostela agardaba o presidente a xunta e toda a perfumada trup institucional galaica para darlle a Yosi e a todo o grupo o abrazo do oso en forma de medalla de ourode Galicia  no día previo do día da patria.















Trabucouse Jaureguizar pensando que o de Ponterrada sería o derradeiro chimpo do tigre galego e trabucouse Josy saltando do esceario de Santander no cando de tirarse sobre publico do gaias coa medalla de galicia colgada no pescozo , alí o patrotismo humano , próximo ,  nada dogmático e humano do alcalde Martiño, Romay Beccaria , Ramon Villares, Alonso Montero, Julián barrio  ou o candidato Leiceaga de seguro o collerían polo ar evitando así que Yosi entrara pola porta grande dunha ambulancia rumbo á sala de espera do hospital máis cercano. Dende o seu exilio hospitalario cántabro o cantante dos suaves puido seguir ó igual que o resto dos mortais galegos , a cerimonia de entrega das medallas de ouro que a xunta realiza dende o 1984 , ali foi donde Leiro se ergueu e tinxíu cun ápice de dignidade seu brutal trazo de brosa e donde unha vez máis , o irmán da criatura , tamén coñecido como o lobo urbán leu o texto que Yosi tiña redactado para a ocasión , Charli Dominguez , como fai en cada un dos seus programas da radio pública galega , realizou unha patética leitura do textiño do seu irmán tolleito con amagos de non entender nada e por suposto mascullando o seu clasico calcetin na boca co que fala habitualemte diante do micro .  Mais como o dos Suaves , non é un caso de Placebo socio-musical , como ben sabe Jaureguizar , para o ano que ben haberá unha outra cerimonia da aldraxe e como non sou eu xente de tirar a pedra e esconder a man lanzo unha aposta , a de Antón Reixa para ser o que colgue a medalla do seu peito , porque BaltarJr o quere e porque xerais anucia para nadal un libro escolma de todas as súas letras , como se o Viva Galicia Beibe de Positivas non tivera existido...Quérote Galicia , becouse i fuck you!!