Mittwoch, Dezember 05, 2012

MOREA BALEIRA.....AS BALAS DA INSPIRACIÓN CARA O SEGUNDO E INDIXENISTA ESTALO DO "REPÚBLICA BILLARDA"!!













Hai armas que as carga o diaño , de volta da desputa da Copa Cantábrica no medio da escuridade un machetador comentábame mentras estouraba no reproductor o Parcelaria Nom de Ex_tension Agraia o seu novo encárrego ós colegas portugueses, un revolver para atodefensa , unha sábia eleccion xa que como ben sabedes os revolveres ó contrario cas pistola non escupen as balas , un dato a ter en conta cando un se dipón a liquidar alguén ...mais hai que ter en conta tamén que hai porcos dos que nen os andares se salvan polo que non merece nen a pena gastar unha bala neles ...


















Nun intre no que o Papa prepara o seu primeiro twitt curiosamente ó mesmo tempo que o BNG recurre tamén ás redes do paxaro para asimilarse coa sociedade... un outro elemento , iste si , de calado e dignidade a feixes e armado coas perigosas balas de paixón e ilusión non coma a miserábel baba que deixan os dous coscos anteriores , volta á primeira liña despois de sufir a dureza inmensa do exilio interior para reafirmarse nas teses indixenistas que guiaron e guían dende o seu inicio á gran serpe multidor da LNB e que hoxe de novo dende a súa recén estreada nova randeeira dixital inspiran a brutal segunda xeita do incendiario disco recopilatorio República Billarda que baixo a súa telúrica influencia deu pé ó tema que vai abandeirar iste segunda chanza realizado po-las Colillas de Compostela....O bruar de golpexos moi lonxanos acente a túa condicion indíxena, a fume de Carozo , Lobishomes da Galiza nun aberto de Billarda , A fume de Carozo Romasanta sen rival , Coroceiro Nacional!!